top of page

TILINTILONIA

Espectáculo teatral para bebés

Dirixido a:
nenas e nenos de entre 0 e 100 anos, especialmente de 6 meses a 3 anos
 
Duración:
20 minutos
 
Formato:
teatro, danza, monicreques

É un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións.

Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convírtense en elementos de xogo. 

Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os sentidos.

bottom of page