top of page

Lixo

“Lixo” está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña,... co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios.

Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.

As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”. 

Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

OBAULTIATOLA_02.jpg
OBAULTIATOLA_45.jpg
OBAULTIATOLA_24.jpg
OBAULTIATOLA_43.jpg
OBAULTIATOLA_51.jpg
OBAULTIATOLA_04.jpg
OBAULTIATOLA_47.jpg
bottom of page